21/1/08

Estíbaliz Espinosa, poeta tecnológica

"Detesto esa dimensión da poesía como elevación na que o poeta se flaxela para congraciarse co lector"

“Publica 'Zoommm. Textos Biónicos' (en PDF), un novo poemario que incorpora textos híbridos, recitados e musicados. Dispoñíbel en A Regueifa Plataforma. Gañou certames tan importantes como o Esquío (1999) ou o Espiral Maior (2001) e publicou tres poemarios individuais: Pan (libro de ler e desler), Número e, e -Orama. Pero Estíbaliz Espinosa é moito máis que poeta: canta, fai podcasts, é actriz, e mantén activos un blog, un fotolog e unha conta de flickr. Como ela mesma di "son todas formas de simulación". O seu último libro pódese ler e desler, pódese escoitar tamén, pero en calquera caso pódese descargar libremente en A Regueifa.” (Vieiros, 20-01-08)





No hay comentarios :