22/1/08

Poética da revelación

“P. Onde se ubica xeracionalmente, en galego e en castelán?

R. O que lle falta á literatura galega e castelá é unha sistematización desde outras perspectivas historiográficas... Hoxe xa non ten moito sentido falar, propiamente, de grupos ou xeracións literarias segundo criterios deterministas. Eu, pola miña parte, teño defendido unha poética da revelación, que é a que tenta afondar e iluminar os signos da existencia. O poeta ten que ter algo de profeta, de esculcador deses signos máis escuros que amosa a existencia, de maneira que, de cara ó lector, a poesía acerte a cumprir unha verdadeira función edificativa, que é a que axuda a construír o noso proxecto existencial. Unha das claves da miña poesía son os signos de ultimidade.

P. Unha poética como éxtase ou fervor?

R. É unha poética dunha enorme amplitude que pode arrancar desde os místicos españois... Pero tamén o é unha parte da poesía de Machado, o último Juan Ramón, nos poetas dos 50 está Claudio Rodríguez ou, doutro signo distinto, a de Valente...”. (El País, ed. Galicia, Galicia, 18-01-08, pp. 9)

No hay comentarios :